FALA DE "VITIMISMO"

Martiño Noriega critica o BNG por “pór 25 condicións” á unidade popular

O alcalde de Compostela e co portavoz nacional de Anova, Martiño Noriega, cargou este domingo contra o BNG, do que di que comeza a ser “bastante cansino”, por estabelecer “25 condicións para chegar á unidade popular”.

Noriega
photo_camera Noriega

 

A candidatura unitaria é noticia máis un día. Nesta ocasión, foi Martiño Noriega quen falou da unidade popular diante das eleccións xerais que terán lugar en pouco máis de dous meses. Fíxoo nunha entrevista concedida á Cadena Ser, onde sinalou que o BNG comeza a resultar “bastante cansino” pola súa posición en relación ás eleccións xerais, “empeza a resultar bastante cansino todo o proceso destes meses nos que un fai chamamentos á unidade popular, o BNG fai chamamento á unidade popular, pero no fondo pon 25 condicións para chegar á unidade popular”.

Malia recoñecer “avances” no posicionamiento do BNG de cara á creación dunha candidatura unitaria, o coportavoz de Anova sinala que estes avances son “insuficientes”. “Sempre defendín que a unidade popular está incompleta se non está o BNG”, engadiu ANoriega unha semana após de que Anova, Esquerda Unida e Podemos presentaran o pre acordo de cara a conformar unha candidatura de unidade.

O coportavoz de Anova emprazou o BNG a deixar de presentarse como “vítima” no proceso de configuración dunha candidatura unitaria, “eu non lle pido ao BNG que desarme o seu argumentario, pero si que entenda que non hai que estar continuamente vitimizándose”.

Ademais, declarouse esperanzado de cara a conseguir unha única candidatura, “a min si me consta que unha das partes da mesa fixeron o seu traballo”. “Aínda queda tempo e tócanos facer chamamentos e participar activamente agora”, salientou Noriega, para concluír que hai que pasar “das palabras aos feitos”.

Comentarios