Mariano Rajoy: "Cantos non galegos terían tomado estas decisións?"

O presidente do executivo español cae nos tópicos cando intenta gabar a súa xestión de goberno nunha entrevista concedida ao Financial Times.

"Cantos non galegos terían tomados estas decisións?" asegurou nunha entrevista ao diario británico, Financial Times, o presidente do goberno español. Mariano Rajoy apelou a un dos principais tópicos arredor do carácter d@s galeg@s para se gabar das decisións adoptadas ao longo deste ano de lexislatura. Neste senso, Rajoy quixo deixar claro @s británic@s que é capaz de "tomar decisións" en firme, fronte á actual realidade económica. 

Así pois, o presidente español louvou as principais reformas levadas a cabo polo seu goberno, como as sucesivas reformas bancarias ou a reforma laboral. 

Aliás --acrecentou o líder d@s populares-- asegurou que onde outr@s ven "indecisión e dilación" el ve "calma e prudencia". No entanto, Mariano Rajoy dixo, ao longo da entrevista, sentirse "moi orgulloso das súas orixes", cuestión que para o diario británico fica claro ao observar a imprensa de cabeceira do presidente, entre a que se atopa, o diario de maior tirada neste país. 

Comentarios