Marea de Vigo denuncia Abel Caballero na Fiscalía pola xestión da auga

Abel Caballero, alcalde de Vigo
photo_camera Abel Caballero, alcalde de Vigo

Marea de Vigo denunciou perante a Fiscalía o alcalde da cidade, Abel Caballero, e o director xeral de Aqualia pola presunta comisión dun delito contra a saúde pública en relación coa calidade da auga da traída durante os meses máis fortes da seca do ano pasado.

No seu escrito de denuncia, Marea de Vigo sinala que desde finais do pasado mes de decembro a auga de traída “non satisfai os valores establecidos” pola normativa, algo do que o gobernó local ten coñecemento a través das análises do laboratorio municipal.

Unhas analíticas, según a marea viguesa, que apontan en que polo menos en dpus lugares (zona de Canido e colexio San salvador de Teis), os niveis de ferro excedían o tope 600 microgramos por litro, e que una das mostras triplicou o límite.

Tamén se fai referencia  a analíticas da Xunta que revelaron a presencia de aluminio e trihalometanos en valores superiores aos establecidos pola normativa.

Porén, afirma a Marea de Vigo, o alcalde "non só ocultou"  as citados análisess do laboratorio municipal, senón que mantivo que a auga da traída sempre foi apta para o consumo.

Comentarios