En Marea reprocha a Iglesias e Errejón o seu debate nas redes na antesala das eleccións

A portavoz no Congreso, Alexandra Fernández, considera “lexítimo” o enfrontamento interno pero cre “quizais non sexa o momento máis adecuado” e que este debería "quedarse en Podemos”.

Alexandra
photo_camera Alexandra

O debate interno que mantiveron os dous principais referentes estatais de Podemos nas redes sociais foi recibido con reproches por parte de En Marea. A portavoz no Congreso da formación, Alexandra Fernández, recriminou a Pablo Iglesias e Íñigo Errejón que mantiveran este enfrontamento de pública a poucos días dos comicios galegos.

Fernández considerou que o debate era “lexítimo”, mais apuntou que “quizais non sexa o momento máis adecuado” e que este debate debería “quedarse en Podemos”, sen afectar directamente a campaña da formación de confluencia. 

A portavoz no Congreso insistiu en que En Marea é un “partido instrumental” que actúa como “suxeito político propio”, do que tamén fai parte Podemos, pero cuxa situación interna é allea. “Respectamos ese debate, pero temos os pés e a cabeza nas decisións que ten que tomar En Marea”, sinalou en declaracións recollidas por Europa Press.

Sobre o debate tamén se pronunciou o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, que non desviarse da campaña electoral, aínda que lle restou importancia o enfrontamento. “Creo que é un debate san e incluso opinións que non son necesariamente contraditorias. Creo que, por un lado, hai que ser firmes na denuncia das inxustizas; mais o mesmo tempo hai que ser inclusivo con esa xente que tivo outras opcións electorais pero comparte o sentido común da proposta política de En Marea”, sinalou Ferreiro.

Comentarios