Un proceso do que non toma parte o sector crítico

En Marea reivindícase para as xerais e europeas como candidatura “sen tutelas, 100% galega”

O partido anima as inscritas a participar nas primarias das que sairán as candidaturas para as xerais e europeas, un proceso no que non toma parte o sector crítico.

en marea primarias
photo_camera Millán Brea, Ana Seixas, Iris Malvido e Critina Pérez. Imaxe: En Marea

En Marea chama as persoas inscritas a participaren esta fin de semana no proceso de primarias das que sairán as candidaturas do partido para as eleccións xerais do 28 de abril e europeas de 26 de maio. Un proceso que nace mermado desde o momento en que o sector crítico non participa del, quedando pois limitado aos sectores partidarios da actual dirección.
 

En Marea presentou esta terza feira as integrantes das candidaturas que participarán no proceso de primarias. O partido aspira a concorrer ás eleccións cunha candidatura “que dea mostra do seu carácter plural e transversal”, segundo dixo a candidata pola Coruña ao Congreso, Ana Seixas, que defendeu esta proposta electoral como un proxecto “100% galego, sen tutelas. Non queremos que ninguén decida por nós”.

A candidata ao Congreso por Pontevedra, Iris Malvido, destacou a actual posición de En Marea como segunda forza política na Galiza. “Temos todo na nosa man para cambiar a situación, poñer o Congreso e o Senado patas arriba”. De por parte, o candidato ourensán ao Senado, Millán Brea, destacou que “é o momento de recuperar a ilusión. O Senado non pode ser o premio para a xente que leva anos en política”.

Por último, a lucense Critina Pérez Herraiz puxo o foco na necesidade dunha maior interrelación entre o municipalismo e a política de ámbito nacional. “O municipalismo non pode existir sen un proxecto nacional, e un proxecto nacional non pode existir sen o municipalismo”. 

Comentarios