En Marea reitera a Podemos que non contempla unha coligazón

“Non se pode confundir xenerosidade con sumisión”, manifestou Martiño Noriega. Xulio Ferreiro advirte: "Non haberá outro proceso, non imos volver para atrás”.

marea xulio ferreiro martiño noriega
photo_camera marea xulio ferreiro martiño noriega

En Marea ten a porta aberta para Podemos para a confluencia de cara ás eleccións galegas mais non na fórmula e condicións que contempla o partido morado, a da coligazón. Esa opción non se contempla por En Marea, que insiste no partido instrumental e que Podemos pase ser un dos actores a se integrar nel, tal e como fixeron outros axentes políticos, como Anova, Esquerda Unida e as marés. “Non se pode confundir xenerosidade con sumisión”, dixo Martiño Noriega, alcalde compostelán, na presentación do proceso de primarias de En Marea. Xulio Ferreiro, rexedor coruñés, acrecentou: "Non haberá outro proceso, non imos volver para atrás”.

Porén, esta mesma quinta feira, e nunha entrevista en RNE, Carmen santos insitía na coligazón como a fórmula referendada polas bases podemitas no referendo interno e exclúe o de se diluír na maré. Un posicionamento que foi aprobado polo Consello de Coordinación estatal de Podemos cando apostou pola coligazón e non polo partido instrumental.

O proceso de primarias de En Marea, que convidou a Podemos a se sumar ás mesmas, comeza xa e contempla o prazo de presentaciónd e candidaturas até o vindeiro martesn ás 23:59 horas. O 16 e 17 de agoto terán lugar as votación s eo 20 será a proclamación do candidato. 

Luís Villares, candidato

O xuíz, Luís Villares, o nome máis sonado para encabezar a candidatura da Marea á presidencia da Xunta presentarase ás primarias esta sexta-feira segundo avanza Europa Press. Villares tería remitido unha carta á maxistratura para indicar que se afasta da súa profesión para iniciar carreira política, como obriga a lei. 

Comentarios