En Marea quere unha negociación "directa" co goberno de Sánchez sobre os Orzamentos

Votará contra a proposta actual de orzamentos xerais presentada polo goberno español: "Non cumpre nin as necesidades nin as expectativas para Galiza". Luis Villares afirma que é a dirección da formación "a que fixe a posición definitiva" sobre as contas xerais do Estado. 

alexandra luis villares
photo_camera Alaxandra Fernández e Luis Villares na comparecencia após o Consello das Mareas. Foto: En Marea

A día de hoxe a proposta de orzamentos xerais do estado (OXE) presentados polo goberno de Pedro Sánchez merecen para En Marea un "non rotundo". Son unhas contas que "non cumpren nin as necesidades nin as expectativas para Galiza", manifestaron Luis Villares e Alexandra Fernández aós o Consello das Mareas que este sábado se reuniu en Compostela.


O non, dixeron, é "firme e contundente mentres os números non atendan as necesidades que ten o país". Será En Marea quen negocie bilateralmente co goberno do Estado o seu apoio aos orzamentos, advertiron
 

Fernández considera que houbo un recoñecemento "conxunto e unánime de que estes orzamentos pésimos para Galiza", significan "mazazo" e que serán contestados "cun non rotundo" pois o que se visibiliza nestes orzamentos é que son unha "continuidade" do modelo do Partido Popular.


A dirección de En Marea fixou no Consello das Mareas cal é a posición para a negociación dos orzamentos do Estado co goberno central. Basearanse na Axenda Galega do Cambio, documento que será a referencia para establecer as liñas vermellas que non se poderán cruzar para aprobar os orzamentos.


Outros dos puntos imprescindibles para En Marea, dixo, é que adebe haber "unha negociación directa co goberno central". Para Villares "só nunha negociación directa poderemos facer entender cales son as necesidades do país". Neste sentido, o voceiro apuntou que non se estaba falando só "de cifras arribas e cifras abaixo, estamos falando dun modelo de Estado".


Luís Villares tamén sinalou que será a "dirección de En Marea a que fixe a posición definitiva de voto a estes orzamentos tanto no debate á totalidade como nas emendas parciais".


 

Comentarios