En Marea pon a anulación da prórroga a ENCE como “prioritaria” para apoiar un goberno “do cambio”

A coligazón fala dunha “decisión impropia” dun goberno en funcións, e “un xeneroso tributo á política de portas xiratorias”. Apontan mesmo a que o executivo en funcións incorre nunha "presunta prevaricación". 

En Marea_Congreso
photo_camera En Marea_Congreso

Un compromiso público de que se vai “revisar, anular e deixar sen efecto” a prórroga de 60 anos que o goberno de funcións do PP concedeu a ENCE. Isto vai ser o que a coligazón En Marea vai poñer sobre a mesa nos diálogos para conformar o que cualifica de “goberno do cambio”.  “Anunciamos que esta será unha cuestión prioritaria”, sinalan nun comunicado público.

A coligazón afirma que a ampliación da concesión a ENCE “é unha decisión impropia dun goberno en funcións, un xeneroso tributo á política de portas xiratorias” que din non estar dispostos a tolerar. “Unha hipoteca ambiental que queren que paguemos os galegos e as galegas e que non será consentida por un Goberno do cambio”.

O grupo empresarial ENCE, S.A. non ten concesión, afirma En Marea, polo que con esta prórroga “entendemos que o Goberno en funcións está incorrendo nunha presunta prevaricación pois se o o expediente de caducidade non está resolto, non procede a prórroga”.

Comentarios