En Marea pide no Congreso a integración das ensinanzas artísticas superiores no sistema universitario

Alexandra Fernández, a portavoz da confluencia no Congreso, mantivo unha reunión con representantes da Plataforma pola Integración das Ensinanzas Artísticas Superiores.

Reunión En Marea no Congreso Ensinanzas Artísticas Superiores
photo_camera Reunión de En Marea no Congreso coa plataforma das Ensinanzas Artísticas Superiores [Foto: En Marea]

Produto do diálogo co sector afectado, En Marea rexistou unha proposición non de lei e unha pergunta por escrito en que demanda ao goberno do Estado que encete un diálogo coas comunidades autónomas para resgatar as ensinanzas artísticas superiores do "limbo" en que se achan.

A meio dun comunicado de imprensa, Alexandra Fernández explica que estas ensinanzas precisan dun novo modelo organizativo que lles confira a plena homologación no Espazo Europeo de Educación Superior.

Unha sentenza do Tribunal Supremo de 2012 veu deixar sen título de grao a un grande número de alunos e alunas, salienta Fernández, sendo que estabeleceu que as EAS non poden acadar o rango de grao por ser este un título que só poderían outorgar as universidades.

A raíz da sentenza, o movimento de profesorado e de alunado a prol da homologación -e da hipótese de o grao poder ser impartido nas instalacións dos centros de educación secundaria- gañou forza, salienta a portavoz de En Marea.

Comentarios