sábado 19/09/20
Eleccións 5A

En Marea pide que o 5 de abril sexa o inicio da “primavera do cambio”

O voceito de En Marea, Luís Villares, no Parlamento (Europa Press)
O voceito de En Marea, Luís Villares, no Parlamento (Europa Press)

Luis Villares compareceu pouco despois do anuncio de Feixoo do adianto electoral para criticar que o presidente “remate como se conduciu, cos demais marcándolle o paso”. Unha referencia a que a data dos comicios galegos “foi marcada polo PNV”, mostrando, dixo Villares, que Feixoo non ten respecto por Galiza.

O líder de Ebn Marea e portavoz do grupo mixto manifestou que “celebramos que a cidadanía teña a palabra” e situou no vindeiro 5 de abril “o inicio da primavera do cambio” para o país.

Sobre o futuro de En Marea e o seu persoal, non aclarou máis aló de que "decidirase nunhas semanas". 

comentarios