"En Marea", a marca do Foro para as xerais

A lista impulsada polo Foro Político -o trípode Anova-Podemos-EU máis as mareas- vaise chamar "En Marea", segundo avanzou SER-Galiza. Fontes consultadas por Sermos Galiza afirman que "é o máis probábel". A incógnita agora é se a lista se confeccionará ou non mediante primarias.

O que fica agora por determinar é o procedimento de escolla das candidaturas. De acordo coas fontes consultadas por Sermos -quer de Anova quer de EU- a premura dos prazos podería levar a que finalmente non se realizasen primarias, embora a realización dunha consulta "aberta á cidadanía" sexa un dos pontos programáticos constitutivos do Foro Político que desde o 16 de outubro integran Anova, as forzas da esquerda estatal e as mareas.

A fórmula "En Marea" representaría, de se confirmar, unha cesión de Podemos a esta candidatura. A formación de Pablo Iglesias resolveu nun congreso e posteriormente nunha consulta telemática que iría ás xerais coa súa marca. Destarte, Podemos tería sido sensíbel ás presións de Podemos e as mareas.

Comentarios