En Marea inicia a precampaña: “Agardamos un apoio maioritario nas eleccións do 28 de abril"

A formación presentou na Coruña as persoas integrantes das súas candidaturas a Congreso e Senado.

 

en marea candidaturas

En Marea presentou este sábado na Coruña a súa candidatura para as eleccións xerais. As integrantes das listas que a formación presentará aos comicios do 28 de abril para o Congreso e o Senado déronse cita no Parrote para escenificar oficialmente o inicio da precampaña.


“É o tempo da esperanza para o noso país, e con ese obxetivo En Marea presenta unha candidatura ao Congreso e ao Senado que quere acompañar ese tempo de esperanza, ilusión e futuro", manifestou Luis Villares, portavoz da organización.


“En Marea quere postularse como unha forza política que sexa decisiva para un futuro que ten que ser necesariamente máis democrático, máis social e máis inclusivo", dixo, subilñando que “somos unha forza cidadá que non se subordina aos partidos políticos clásicos, que non ten obediencia de ningún tipo máis que o clamor social por ampliar dereitos". Esa é, acrecentou, "a nosa oferta electoral, o noso contrato social, o noso compromiso co conxunto da sociedade do noso país e co cal agardamos un apoio maioritario nas eleccións do 28 de abril".


 

Comentarios