En Marea denunciará ante Fiscalía un parque eólico de Mondoñedo do que "saen voando" pezas

Eólicos Paradela

O portavoz de En Marea Mondoñedo, Manuel Xermade, avanzou que levará a Fiscalía a situación do parque eólico de Sasdónigas, no que "un muíño leva semanas parado" porque "lle faltan pezas que se desprenderon e saíron voando".

Segundo asegura a formación nun comunicado, estas instalacións inauguradas hai unha semana supón un "desastre ambiental e social" da empresa Norvento.

Por iso, En Marea Mondoñedo pide que o director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, Ángel Bernardo Tahoces, explique "as medidas que adoptaron para concederlle a licenza de inicio de actividade" á compañía.

Ademais, apela ao Concello, gobernado por Elena Candia (PP), e á súa "obriga de salvagarda do ben común da veciñanza" despois de "dar o visto e prace" ao parque.

Comentarios