En Marea convoca unha consulta entre as bases para decidir a súa posición na investidura

O referendo decorrerá entre o 21 e 22 de abril e o resultado será vinculante.

en marea fernán vello gomez reino yolanda díaz

A Mesa Coodenadora de En Marea decidiu realizar unha consulta de carácter vinculante entre as súas bases para decidir cal vai ser o posicionamento da coligazón a respeito da investidura do presidente do goberno do Estado. As preguntas que se propoñen nesta consulta interna son moi semellantes ás que Podemos realizou a semaqna pasada na súa conulta interna. Dúas son as cuestións:

1) Debe En Marea apoiar un goberno presidido por Pedro Sánchez e baseado no acordo PSOE-Ciudadanos?

2) Debe En Marea continuar traballando, en colaboración con Podemos e En Comú, para alcanzar un goberno de cambio xunto ao PSOE e outras forzas progresistas?

Nesta consulta poderán participar todas as persoas que xa se rexistraran no proceso de validación das candidaturas de En Marea en novembro de 2015. Ábrese un período de ampliación do censo no que novas persoas poidan incorporarse. Esta reapertura contará con mecanismos de contraste -na acreditación de identidade e votación- “para garantir que votan as bases de En Marea e non interfiren axentes alleos interesados en fixar de forma espuria a nosa posición”.

Calendario

Presentación do procedemento da consulta: luns 18 de abril

Período de inscrición no censo: martes 19 e mércores 20 de abril

(incluída a recepción de información ás persoas xa inscritas no censo de En Marea en novembro de 2015)

Xornada de votación: xoves 21 e venres 22 de abril

Proclamación dos resultados: sábado 23 de abril

Comentarios