MAIO, MES CHAVE NO PROCESO

En Marea abre o debate para se constituír en partido

Seguindo os pasos de Ada Colau, quen aspira a converter En Comú Podem en partido, a mesa de coordinación de En Marea redactou un documento cos principios básicos de funcionamento que abre o proceso para se constituír nunha formación política.

en marea fernán vello gomez reino yolanda díaz

En Marea encetou o debate que a levará a se constituír en partido ao redactar a mesa de coordinación da coligazón un documento que inclúe os mecanismos de funcionamento desta etapa. Segundo Europa Press, o escrito foi enviado ás mareas municipalistas para o seu debate. Sería no mes de maio cando, nun encontro nacional, se aprobaría a estrutura orgánica e o funcionamento do partido.

O documento que cita Europa Press recolle que “nin En Marea nin os seus cargos electos funcionarán como un mero agregado de partidos independentes”. Así, contará cun orzamento conxunto que garantirá a actividade política na Galiza, “os recursos económicos de En Marea son de En Marea, non das partes que conforman a coligazón”, cita a axencia, quen apunta que a mesa de coordinación será “plural e operativa”.

Sectores de Podemos na Galiza, empezando por García Butrón –senador que Madrid colocou á fronte da xestora do partido tras apartar Breogán Riobóo- son reticentes a que Podemos desapareza como tal no seo de En Marea.

Comentarios