Mañueco e Moreno eloxian Feixoo ante a posibilidade de presidir o PP

Feixoo recibe os eloxios de dous presidentes autonómicos: Juanma Moreno, de Andalucía e Alfonso Mañueco, de Castela e León.
Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta, e Juanma Moreno, líder do Goberno andaluz, nun encontro decorrido o pasado outubro (Foto: María José López / Europa Press).
photo_camera Alberto Núñez Feixoo, presidente da Xunta, e Juanma Moreno, líder do Goberno andaluz, nun encontro decorrido o pasado outubro (Foto: María José López / Europa Press).

O presidente en funcións da Xunta de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco e o presidente da Xunta de Andalucia, Juanma Moreno, eloxiaron publicamente Alberto Núñez Feixoo ao seren preguntados acerca da posibiladade de que presente a súa candidatura á presidencia do PP.

Mañueco: "Feixoo é un referente"

Mañueco, pediu facer "todos os esforzos necesarios" para que haxa unha "candidatura de unidade" no PP, aínda que considera que corresponde ao partido "no seu conxunto" decidir "quen e como". 

Así o indicou hoxe após unha reunión co candidato de Vox, Juan García-Gallardo, dentro da rolda de contactos para a conformación dun futuro goberno na Comunidade. Preguntado por unha posíbel candidatura do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, indicou que "non é o máis obxectivo para falar" do líder galego, e que lembrou que os une "unha gran amizade".

Para alén diso, destacou que se trata dun "referente" para o PP e que ten un "liderado moral indiscutíbel".

Moreno: "Feixoo é unha figura de referencia"

Pola súa parte, o presidente da Xunta de Andalucía, Juanma Moreno, reclamou tamén hoxe "xenerosidade" cos compañeiros que dean un paso á beira e cos que poidan chegar nestes momentos de "terríbel crise" no PP e non quixo manifestar se o presidente da Galiza, Alberto Núñez Feijóo, debería tomar as rendas do partido, limitándose a apuntar que é unha "figura de referencia", o "decano dos presidentes e unha persoa moi respectada non só no ámbito do partido, senón tamén no ámbito social". 

Moreno engadiu: "Temos un gran problema no partido, o maior problema que tivemos na nosa historia".

Comentarios