Manifestación na Laracha para defender unha fraga fronte á construción dun campo de tiro

Será o vindeiro 28 de maio. A fraga de Soandres acolle en apenas 8,5 hectáreas 70 especies de especial interese e 6 endemismos.

fraga laracha imaxe de unidos.info
photo_camera Un dos camiños de entrada á fraga. Imaxe: unidos.info

Veciñanza e Comité de Defensa das Rías Altas convocan para este 28 de maio unha nova mobilización na defensa de Vilar de Fraga, en Soandres, concello de Laracha. Un espazo dun alto valor: en 8,5 hectáreas acolle 70 especies e 6 endemismos. Todo isto ameazado, informan os convocantes, pola construción dun campo de tiro olímpico e outro de tiro ao prato.

Após dous meses paralizadas as obras reanudáronse, denuncian desde o comité, embora a denuncia presentada en xaneiro perante a Fiscalía de Patrimonio e Medio Ambiente. Concello e Xunta deron as licencias para a construción deses espazos, que terán un grave impacto ambiental, denuncian os detractores, que alertan sobre o perigo das “toneladas” de chumbo de cartuchos e perdigóns que poderían acabar no río Anllóns e, desde aí, na Ría de Corme e Laxe.

Comentarios