XUNTA DE PORTAVOCES

O PP veta de novo o debate para crear unha comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois

Francisco Jorquera (BNG) enfatiza a “necesidade” de “esclarecer” a verdade e “depurar responsabilidades”. Xosé M. Beiras (AGE) acusa o PP de “cirscarse nos mortos”. @s populares argumentan que xa se falou do tema no seu momento.

Máis unha vez o Partido Popular fixo valer a súa maioría absoluta para evitar, non xa que se aprobase unha Comisión para investigar no parlamento galego as causas do sinistro ferroviario de Angrois, senón mesmo que se debatese en pleno sobre ese tema. Unha prohibición que non é unha novidade no PP a respecto das peticións de investigación nos parlamentos (for galego, for español) do maior accidente dos últimos anos en todo o Estado. BNG e AGE solicitaban de novo que se crease esa comisión de investigación. O portavoz parlamentar nacionalista, Francisco Jorquera, lembrou que “existen novos datos,  e moitas preguntas sen responder que afectan a altos cargos de ADIF”. Tamén se referiu os informes periciais que afirman que a curva de Angrois “tiña un risco previsíbel e non tolerábel” e con   posibilidades de descarrilamento “dun cada seis meses”. 15.000 sinaturas pediron unha comisión de investigación porque existe a necesidade de que sexa esclarecida a verdade e se depuren responsabilidades, “por xustiza e respecto á memoria das vítimas”, enfatizou.

Máis duro nas declaracións foi o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras, que acusou o PP de “ciscarse” nos mortos e de non tomar en serio o Parlamento galego.

Novagalicia Banco e Pemex

O portavoz do BNG preguntará a Feijóo se asumirá as súas responsabilidades pola venda de Novagalicia Banco a Banesco da que dixo, é a “demostración do fracaso das súas políticas” e unha ruína para Galiza. Por outra parte, o nacionalista cualificou de “fracaso estrepitoso” os acordos con Pemex co anuncio da construción de 21 barcos dos que só dous foron adxudicados. 

Comentarios