‘Mais independentismo para fazer frente à crise’: Causa Galiza convoca manifestación para o 25 de Xullo

A mobilización, sinala CG, desenvolverase baixo as normas de seguridade sanitaria: máscara e distancia de seguridade.

Causa Galiza
photo_camera Causa Galiza

Causa Galiza convoca máis un ano a tradicional manifestación independentista do Día da Patria, mobilización que organiza desde 2007 e que este ano desenvolverase baixo unha serie de normas e criterios de seguridade sanitaria por mor da pandemia da Covid-19. Máscara ou distancia de seguridade son algunhas desas normas. A formación independentista sinala que “arbitrará” os medios “necessários” para o cumprimento das mesmas.

‘Mais independentismo para fazer frente à crise’ é o lema escollido por Causa galiza para a manifestación deste 25 de Xullo. A independencia, indican, como “soluçom estratégica à tentativa dos poderes fáticos de carregar as consequências da pandemia nas costas das classes populares e reconfigurar o regime surgido da Transición, bloqueando, de novo, o exercício do direito de autodeterminaçom e impondo um novo ciclo estatutário”.

A convocatoria vai acompañada dunha campaña informativa con asembleas abertas e reparto de máis de 2.000 cataces.  “De Causa Galiza animamos os e as independentistas a participardes tanto na socializaçom da convocatória como na própria manifestaçom do Dia da Pátria, fazendo da data mais um passo na construçom do projeto político de rutura com Espanha”.

causa galiza

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios