O voto por correo de residentes no Estado aumenta un 20% fronte as galegas de 2012

A Coruña rexistra o maior número de solicitudes en custodia, con 16.076; seguida de Pontevedra, cun total de 12.577; de Lugo con 5.432 e de Ourense con 5.387, segundo os datos facilitados por Correos. 

Máis de 42.300 galegos e galegas residentes no Estado español exerceron xa por correo o seu dereito a voto, segundo vén de informar Correos en nota de prensa, o que supón un aumento de case un 20% no número de votos a respecto das anteriores eleccións autonómicas en 2012 e 2009, cando se rexistraron pouco máis de 34.000 solicitudes.

A empresa pública confirma que ten nas oficinas postais de destino un total de 39.472 sobres en custodia con votos para os comicios galegos, que serán entregados entre nas 3.977 mesas electorais distribuídas polos 2.463 colexio electorais que haberá este 25 de setembro no país. 

Os votos serán entregados este domingo nas 3.977 mesas electorais distribuídas nos 2.463 puntos electorais do país.

A esta cifra, asegura o organismo, haberá que sumar os votos que aínda están en tránsito, dado que o prazo para votar por correo estivo aberto até esta pasada quinta feira, conforme á prórroga establecida pola Xunta Electoral Central. 

Por provincias, A Coruña rexistra o maior número de votos por correo actualmente en custodia, con 16.076; seguida de Pontevedra, cun total de 12.577; de Lugo con 5.432 e de Ourense con 5.387, segundo os datos rexistrados por Correos a data de 22 de setembro.

A modalidade do voto por correo está dirixida a aquelas persoas que na data de votación teñan previsto estar fóra do lugar onde lles corresponde votar, ou aquelas que por enfermidade ou incapacidade non poden realizalo de forma presencial no colexio.

Descenso no voto exterior

O aumento dos votos de residentes no Estado español constrasta coa caída rexistrada entre os galegos e galegas residentes no estranxeiro. A Oficina do Censo Electoral informou de18.000 solicitudes para participar nas eleccións galegas, un 4% das persoas do censo exterior, que supón un descenso do 40% respecto dos anteriores comicios autonómicos.

Comentarios