A maioría da audiencia de Sermos, partidaria da demisión de Paula Quinteiro

1.402 persoas votaron no inquérito de Sermos. 796 a favor da demisión da parlamentar, 422 a prol de que continúe no Parlamento.

en marea
photo_camera Imaxe do último plenario de En Marea

A participación de Paula Quinteiro nun incidente coa policía compostelá -mostrou a súa acta como deputada a un axente no transcurso dun altercado- debería saldarse co seu abandono do Pazo do Hórreo, segundo a opinión de 796 das 1.402 persoas que emitiron o seu voto no inquérito de Sermos. Representan 56,78 por cento dos votos emitidos.

A opción de que Quinteiro continúe no Parlamento é respaldada por 422 leitoras e leitores, o que constitúe 30,10 por cento da audiencia de Sermos.

184 persoas -13,2 por cento- manifestan non ter unha opinión formada ao respeito.

Ao ser respaldada pola maioría do grupo parlamentar, non así polo líder do partido instrumental -Luís Villares- nen polo máximo órgao de En Marea, o Consello-, todo indica que Quinteiro vai optar pola súa continuidade na cámara. Apóiana os partidos hexemónicos na confluencia -Podemos, EU e Anova- e as marés municipalistas das cidades, con Xulio Ferreiro e Martiño Noriega ao fronte. Quinteiro apresentou as súas desculpas polo incidente e condenou os actos vandálicos -a rotura de espellos retrovisores de carros estacionados na rúa de Compostela en que se produciu o incidente coa policía local.

Comentarios