Magdalena Barahona abandona o Parlamento galego por motivos de saúde

A súa praza vai ser ocupada por Flora Miranda (Compostela Aberta).

magdalena barahona
photo_camera Magdalena Barahona, co dirixente estatal de Podemos Rafa Mayoral [Foto: Facebook]

"Como militante de Podemos e deputada de En Marea no Parlamento galego, comunico que con data do 1 de setembro entrego a miña acta de deputada. Complicacións de saúde non me pemitiron desempeñar as responsabilidades de maneira adecuada nos últimos meses", afirma Barahona —persoa próxima á secretaria xeral de Podemos Galiza, Carmen Santos— no seu perfil de Facebook.

Coa marcha de Barahona do Pazo do Hórreo e a saída de Pancho Casal da formación —o coruñés está aliñado con Luís Villares—, Podemos perde representación no grupo parlamentar de En Marea, aínda que, con 5 escanos, continúa a ser o colectivo partidario con maior presenza no seo da confluencia.

Comentarios