sábado 04.04.2020

Luz verde á 'lei mordaza'

O Consello de [email protected] aprobou o anteproxecto de lei de Seguridade Cidadá. Foi suavizado mais mantén puntos quentes fortemente criticados. 

[Imaxe La Moncloa]
[Imaxe La Moncloa]

O executivo de Mariano Rajoy rebaixa o ton mais mantén o pulso. O anteproxecto de lei de Seguridade Cidadá --ou 'Lei mordaza', como se popularizou-- foi aprobado polo Consello de [email protected] esta sexta feira (11 xullo). Agora encetará o proceso lexislativo nas Cortes até entrar definitivamente en vigor. 

O goberno español retirou da súa proposta legal os aspectos máis controvertidos e de difícil encaixe constitucional mais mantén o pulso contra as mobilizacións que, en sendo legais, poderán ser disoltas polas Forzas de Seguridade do Estado argüíndo criterios puramente policiais. 

O Ministerio do Interior asumiu así as recomendacións dos órgaos consultivos que amosaron o seu rexeitamento a algúns dos aspectos que contiña o primeiro proxecto lexislativo. Neste senso, non serán puníbeis as "ultraxes á bandeira" nen a difusión de imaxes [email protected] axentes policiais sempre e cando non constitúan un risco para a integridade da persoa ou familiares e/ou se delas depende o éxito dunha operación. 

A policía poderá disolver manifestacións legais só atendendo a criterios policiais

Tamén así, limítanse as identificacións aos supostos en que se considere necesario para a prevención dun delito. Iso si, será baixo criterio policial determinar cando se dá este suposto. Aliás, quedan prohibidas as redadas indiscriminadas por motivos étnicos e raciais --algo que na Coruña foi denunciado polo Foro Galego de Inmigración. 

Outro dos aspectos máis controvertidos que finalmente non se incluirá no texto lexislativo é a atribución de posíbeis incidentes ás organizacións ou colectivos convocantes. Mais mantéñense as sancións e multas en tramos que van desde os 300 até os 300.000 euros en función do grao de gravidade. 

Segundo o ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, a nova lei, dixo, "contribuirá a garantir máis e mellor sen menoscabo en absoluto dos dereitos que a Constitución concede aos cidadáns". Fernández Día di que o texto é "profundamente garantista" e que o seu obxecto "non é sancionar máis, senón mellor". 

comentarios