Lugo manterá o Servizo de Axuda no Fogar

A Deputación de Lugo investirá 600.000 euros para o mantemento do plan, logo de que a Xunta eliminase o seu investimento.  

A provincia de Lugo contará co Servizo de Axuda no Fogar en 64 concellos, evitando deste xeito que as corporacións municipais teñan que recurriren ao (re)pagamento do servizo, após retirar a Xunta o seu financiamento, e cargaren o custe do servizo sobre @s usuari@s do mesmo. Segundo o vicepresidente da Deputación e delegado das áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, asegurou que o cese do investimento da Xunta profundiza inda máis “nas diferenzas sociais que hai entre a Galiza rural e a urbana”.

Neste senso, a Xunta de Goberno da Deputación provincial vén de anunciar un incremento orzamentario do 20%, a respecto do ano anterior, encamiñado a garantir o mantemento do SAF naqueles concellos que o solicitaren. Así mesmo, Veiga denuncia a imposibilidade de manteren o servizo só dende a Deputación “polo que seguimos reclamando á Xunta de Galiza que habilite liñas de axuda para os municipios de menos de 20.000 habitantes que na provincia son todos agás o de Lugo”.

Comentarios