A portavoz do Grupo Común de Esquerda, Luca Chao, asegurou que "o berro das rúas" obriga o presidente da Xunta a convocar eleccións e criticou que sexa o presidente vasco, Íñigo Urkullu, quen fixa o calendario na Galiza.
"É hora de que a maioría social que vimos onte nas rúas (en referencia á manifestación en Compostela na defensa da sanidade pública), que queren un goberno de progreso, teña a oportunidade de expresarse e marcar unha nova dirección para Galiza", dixo.