Louzán apunta a unha reforma electoral nesta lexislatura para que goberne a candidatura máis votada

O presidente da Deputación de Pontevedra considera que é de “primeira necesidade” unha modificación da lei que evite o goberno de coalicións electorais.

Louzán, presidente Deputación Pontevedra
photo_camera [Imaxe: SG]

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, considera de “primeira necesidade” unha reforma da lei electoral. Unha modificación que o tamén máximo dirixente do PP pontevedrés considera que ten que ter unha finalidade clara: Garantir que goberne a lista mais votada. E, tamén, impedir que gobernen coalicións electorais (malia que teñan os votos e escanos/deputados/concelleiros precisos). Para o presidente provincial, esta proposta parte “da democracia ben aplicada”.

A iniciativa de Rafael Louzán non é unha novidade no PP, que desde hai tempo avoga por xunguir democracia e partido máis votado. Mais o presidente da Deputación vén de apuntar un calendario da modificación ao afirmar quer non dubida de que antes de que acabe esta lexislatura “o goberno central” acometerá esta reforma. 

Comentarios