López Arnal pergúntase que poderes fácticos presionaron a El País para censurar o artigo de Torres López

Salvador López Arnal é o editor da obra de Manuel Sacristán. É unha das figuras centrais da divulgación do marxismo no Estado. Nun artigo no dixital Rebelión reflicte sobre a censura que levou ao diario El País a retirar da súa web un artigo en que se estabelecía a tese de a Alemaña de Merkel procurar na práctica o mesmo obxectivo que a de Hitler: espazo vital para a súa economía.

López Arnal
photo_camera López Arnal

Salvador López Arnal (Barcelona, 1954) publica con frecuencia en revistas como El Viejo Topo e é o editor da obra de Manuel Sacristán, figura central do marxismo peninsular no século XX. Ten escrito millenta obra sobre Sacristán, verbo de quen mesmo ten asinado un guión para o documentario Sacristán Integral.

No artigo aparecido no diario dixital Rebelión, López Arnal -que cualifica El País de diario "global e imperial"- nega que a intención de Juan Torres López, o catedrático de Estrutura Económica autor do artigo censurado, fose a de estabelecer ningunha identificación entre Merkel e Hitler. O que si hai, argumenta, é "unha crítica ben formulada" que visa sinalar "as dimensiones e os perigos do abismo ao que algunhas forzas queren levarnos e as causas que dan conta da situación actual".

Pergúntase López Arnal se fai sentido que unha reflexión así sexa censurada "por un diario que se gaba de ser liberal e democrático" e, a seguir, deita máis cuestións: "Que presións puido recibir? de quen? de que poderes fácticos?".

Comentarios