AGE activa unha 'caixa de correo indignado' para as achegas cidadás de cara o debate estado da nación

A coaligación anima á "cidadanía rebelde" a que deixe nese correo ideas, achegas, queixas... para que AGE as transmita no deabte do 15 de outubro.

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) abreu uo que cualifica de 'caixa de correo indignado'. Unha iniciativa coa que procuran, afirman, “recoller achegas e suxestións contra as políticas da troika e os seus mandados que, na Galiza, desenvolve o señor Núñez. Feijóo”.

En base a estas achegas, sinalan desde a coaligación, “AGE levará a indignación da cidadanía rebelde ao debate do estado da nación o vindeiro 15 de outubro”. Aposta a formación por "continuar a construír entre todos un discurso de oposición frontal á desfeita comandada polo Partido Popular".

Comentarios