Llamazares impugna a candidatura de IU a Europa por ''fraude de lei''

Izquierda Abierta considera que se vulneraron dereitos democráticos na confección da listaxe. Entende que os seus candidatos deben ocupar os postos 4, 9 e 14.

Gaspar Llamazares
photo_camera Gaspar Llamazares

Izquierda Abierta, de Gaspar Llamazares, impugnou ante a Comisión de garantías de IU a candidatura que IU presenta este 25 de maio ao Parlamento europeo e onde Anova ten reservado o 5º posto. Segundo informa eldiario.es, Izquierda Abierta considera que se cometeu unha ''fraude de lei'' e que se vulneraron dereitos democráticos na confección da listaxe.

El Diario sinala que, de acordo co escrito que IA (un dos 5 partidos integrados en IU) presentou nesa Comisión, a dirección de IU actuou con “intolerábel deslealdade” cara @s militantes na confección da candidatura europea. Urxe a IU a rectificar o que cualifica de “nefasta” forma de entender a democracia e a rectificar o “dantesco espectáculo”.

Entenden, segundo El Diario, que a dirección vulnerou os estatutos ao decidir, sen contar con ninguén, reservar os postos 2 e 7 da candidatura a Paloma López (CCOO) e Javier Couso (irmán de José Couso, cámara de TV asasinado en Iraq por tropas dos EUA).

Iso si, IA afirma que non é o mesmo deixar unha serie de sitios na listaxe a “socios políticos como Chunta, ICV ou Anova” que a persoas “elexidas de forma unilateral e potestativa”. Considera que debe ocupar xente de Izquierda Abierta os postos 4, 9 e 14.

Comentarios