Lidia Senra insta o estado español a poñer fin á dispersión carcelaria

A eurodeputada visitou esta fin de semana a presa independentista Maria Osorio, encarcerada no penal de Mansilla de las Mulas (León)

lidia senra
photo_camera Senra diante do cárcere onde está presa María Osorio.

A eurodeputada Lidia Senra instou o Estado español a “abolir dunha vez por todas” as políticas de dispersión penitenciaria e asumir a Resolución do Parlamento Europeo sobre condicións e sistemas penitenciarios aprobada a finais do ano pasado polo pleno da Eurocámara. Un texto que no seu artigo 29, recollendo a emenda realizada meses antes por Senra á proposta inicial de resolución, afirma que“condena a política penitenciaria de afastamento  que aplican algúns Estados membros xa que constitúe un castigo engadido para as familias dos reclusos e reclusas” e “insta a elaborar medidas que permitan o achegamento de todos os reclusos e reclusas que estean lonxe dos seus fogares”.

Senra realizou a pasada fin de semana unha visita, autorizada polo Miniterio de Interior e en calidade de eurodeputada, á presa independentista María Osorio, que está presa en Mansilla de las Mulas (León). 

Seguindo estas recomendacións aprobadas, a europarlamentaria galega remitiu esta semana unha carta dirixida á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias, dependente do Ministerio do Interior, na que pide ser informada sobre o número de persoas galegas que a día de hoxe cumpren condena nunha prisión que está fora da Galiza.  “Gustaríame saber que é o que leva ao Estado español a ensañarse de semellante maneira coas familias dos reclusos e reclusas e a obrigalas a ter que desprazarse todas as semanas centos de quilómetros para poder facer as visitas, co gasto a maiores e a perigosidade que iso supón”.

Comentarios