PRIMARIAS NO PARTIDO INSTRUMENTAL

Lidia Senra, candidata de En Marea para as eleccións europeas

A actual eurodeputada fora eleita nos comicios de 2014 por Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEEe) na lista 'A Esquerda Plural', conformada con Izquierda Unida. Na candidatura a Bruxelas figuran nomes como Sandra Pesqueira e Xoán Hermida. Unha lista na que se reflicte a ausencia do sector crítico. No interior, as candidaturas completas nas primarias de En Marea para Congreso, Senado e Europeas

lidia senra

En Marea deu a coñecer esta segunda feira os nomes das persoas que integran as candidaturas que participan no proceso de primarias para as eleccións xerais e europeas de 2019, un proceso no que decidiu non tomar parte o sector crítico. Como adiantou Sermos Galiza a pasada sexta feira, Ana Seixas perfílase como número 1 do partido instrumental na lista do Congreso para A Coruña.  Pancho Casal, deputado e ex dirixente de Podemos Galicia, como número 2. En Ourense vai como cartaz Iván Olmos, en tanto que Iris Malvido e Teresa Burgos aparecen como opcións con forza en Pontevedra e Lugo, respectivamente.

Nese proceso as persoas inscritas tamén votarán a candidatura para as eleccións europeas. Aí quen figura como proposta de cabeza de lista é Lidia Senra, actualmente eurodeputada após ser eleita en 2014 na lista 'A Esquerda Plural' como representanmte da Alternativa galega de Esquerda en Europa (AGEe). A marinense Sandra Pesqueira ou o pontevedrés Xoán Hermida figuran tamén nesa proposta. Falta por concretar que fórmula escollerá En Marea para concorrer a esta cita europea. Nas últimas semanas foron varias as opcións postas riba da mesa, entre elas a de ir canda o partido creado por Varoufakis e Compromís. 

A este proceso non concorren dirixentes dos tres partidos que se presentaron en coalición ás xerais de xuño de 2016 baixo a marca En Marea. As fendas no seo da confluencia son moi profundas e atinxen aspectos estratéxicos.

 Após o anuncio das candidatas ábrese un período de campaña electoral que se prolongará ata esta quinta feira, 7 de marzo. Completada a campaña, as inscritas de En Marea poderán votar para ordear os postos en cada unha das nove listas e desa composición defitiniva sairán as candidaturas ao Congreso, o Senado e ao Parlamento Europeo. As eleccións terán lugar entre a sexta feira 8 de marzo ás 9:00h e o domingo 10 de marzo ás 23:59h. O método que se empregará será o sistema preferencia Borda, no que cada inscrita decidirá o posto das candidatas segundo a súas preferencias.

Eleccións europeas 2019
Cabeza de lista:
María Lídia Senra Rodríguez

Candidatura:
Sandra Pesqueira Pérez
Xoán Hermida González 
Celsa González Ogando 
José Manuel García González 
Olga Otero Gómez
Xabier Janeiro Cortés 
María José Conde Seguín 
Orlando Gregorio Álvarez Álvarez
David Estévez Rodríguez

Suplentes:

Sofía Abal Sanabria 
Luz Marcos Buján 
Benjamín Balboa Cereijo 
Pilar Saavedra Codesido 
María Estefanía Otero Rivas


 

Eleccións xerais 2019

Lista A Coruña

Congreso

Ana Seijas Baranauskas
Francisco Casal Vidal
María Chao Martínez
Adrián Dios Vicente
Carmen Fernández Ríos
Carlos Neira Suárez
Alba Nogueira López
Daniel Oca González

Senado

María Dolores Candedo Gunturiz
Xosé Manuel Pérez Sardiña
Eva López Soto
Pablo Meira Cartea



Lista Lugo


Congreso

María Cristina Pérez Herráez
Javier Arca Uria
María Teresa Burgo García
Iván López López

Senado

María Victoria Esteban Riesco
Manuel Germade Mayo
María Emma Rodríguez Blanco
Juan Carlos Baliñas Pérez

 

Lista Ourense


Congreso

Iván Olmos Ferreiro
Iolanda Pérez Docampo
Jorge Vázquez Rodríguez
Sonia Couso Vidal

Senado

Milán Brea Castro
Ana García Earley
Jorge Lorenzo Vila
María Isabel Fernández Suevos


Lista Pontevedra


Congreso

Iris Malvido Lago
Manuel González Moreira
María del Carmen Ceferina (Peque) González
Eladio Juan Torres Castro
María del Mar Blanco Casais
Gaspar Antonio González Somoza
María Teresa Pérez González
Eladio Juan Torres Castro
María del Mar Blanco Casais
Gaspar Antonio González Somoza
María Teresa Pérez González

Senado
María del Carmen (Mari) Carmiña Vázquez
Xulio Villanueva González
Silvia Díaz Iglesias
Xoan Lois Vila Pinel

Comentarios