En Marea deu a coñecer esta segunda feira os nomes das persoas que integran as candidaturas que participan no proceso de primarias para as eleccións xerais e europeas de 2019, un proceso no que decidiu non tomar parte o sector crítico. Como adiantou Sermos Galiza a pasada sexta feira, Ana Seixas perfílase como número 1 do partido instrumental na lista do Congreso para A Coruña. Pancho Casal, deputado e ex dirixente de Podemos Galicia, como número 2. En Ourense vai como cartaz Iván Olmos, en tanto que Iris Malvido e Teresa Burgos aparecen como opcións con forza en Pontevedra e Lugo, respectivamente.
Nese proceso as persoas inscritas tamén votarán a candidatura para as eleccións europeas. Aí quen figura como proposta de cabeza de lista é Lidia Senra, actualmente eurodeputada após ser eleita en 2014 na lista 'A Esquerda Plural' como representanmte da Alternativa galega de Esquerda en Europa (AGEe). A marinense Sandra Pesqueira ou o pontevedrés Xoán Hermida figuran tamén nesa proposta. Falta por concretar que fórmula escollerá En Marea para concorrer a esta cita europea. Nas últimas semanas foron varias as opcións postas riba da mesa, entre elas a de ir canda o partido creado por Varoufakis e Compromís.
A este proceso non concorren dirixentes dos tres partidos que se presentaron en coalición ás xerais de xuño de 2016 baixo a marca En Marea. As fendas no seo da confluencia son moi profundas e atinxen aspectos estratéxicos.
Após o anuncio das candidatas ábrese un período de campaña electoral que se prolongará ata esta quinta feira, 7 de marzo. Completada a campaña, as inscritas de En Marea poderán votar para ordear os postos en cada unha das nove listas e desa composición defitiniva sairán as candidaturas ao Congreso, o Senado e ao Parlamento Europeo. As eleccións terán lugar entre a sexta feira 8 de marzo ás 9:00h e o domingo 10 de marzo ás 23:59h. O método que se empregará será o sistema preferencia Borda, no que cada inscrita decidirá o posto das candidatas segundo a súas preferencias.
Eleccións europeas 2019
Cabeza de lista:
María Lídia Senra Rodríguez
Candidatura:
Sandra Pesqueira Pérez
Xoán Hermida González
Celsa González Ogando
José Manuel García González
Olga Otero Gómez
Xabier Janeiro Cortés
María José Conde Seguín
Orlando Gregorio Álvarez Álvarez
David Estévez Rodríguez
Suplentes:
Sofía Abal Sanabria
Luz Marcos Buján
Benjamín Balboa Cereijo
Pilar Saavedra Codesido
María Estefanía Otero Rivas
Eleccións xerais 2019
Lista A Coruña
Congreso
Ana Seijas Baranauskas
Francisco Casal Vidal
María Chao Martínez
Adrián Dios Vicente
Carmen Fernández Ríos
Carlos Neira Suárez
Alba Nogueira López
Daniel Oca González
Senado
María Dolores Candedo Gunturiz
Xosé Manuel Pérez Sardiña
Eva López Soto
Pablo Meira Cartea
Lista Lugo
Congreso
María Cristina Pérez Herráez
Javier Arca Uria
María Teresa Burgo García
Iván López López
Senado
María Victoria Esteban Riesco
Manuel Germade Mayo
María Emma Rodríguez Blanco
Juan Carlos Baliñas Pérez
Lista Ourense
Congreso
Iván Olmos Ferreiro
Iolanda Pérez Docampo
Jorge Vázquez Rodríguez
Sonia Couso Vidal
Senado
Milán Brea Castro
Ana García Earley
Jorge Lorenzo Vila
María Isabel Fernández Suevos
Lista Pontevedra
Congreso
Iris Malvido Lago
Manuel González Moreira
María del Carmen Ceferina (Peque) González
Eladio Juan Torres Castro
María del Mar Blanco Casais
Gaspar Antonio González Somoza
María Teresa Pérez González
Eladio Juan Torres Castro
María del Mar Blanco Casais
Gaspar Antonio González Somoza
María Teresa Pérez González
Senado
María del Carmen (Mari) Carmiña Vázquez
Xulio Villanueva González
Silvia Díaz Iglesias
Xoan Lois Vila Pinel