Vox e PP

O líder do PP na Guarda cambia Feixoo por Abascal nos selfies

Santiago Abascal pasou parte das súas feiras na Galiza e encargouse de difundir a súa estadía nas redes sociais. O portavoz municipal do PP na Guarda, Roberto Carrero, aproveitou a visita do líder da formación ultraespañolista Vox para realizarse fotografías con el. Atrás quedan os selfies de Carrero con Alberto Núñez Feixoo.

Carrero con Feixoo na maio e con Abascal en agosto_Mesa de trabajo 1
photo_camera Carrero con Feixoo na maio e con Abascal en agosto_Mesa de trabajo 1

O portavoz municipal do Partido Popular na Guarda e candidato á alcaldía nas pasadas eleccións do 26 de maio, Roberto Carrero, cambiou de compañeiro de selfies. Se na campaña electoral ollamos en reiteradas ocasións as fotografías de Carrero con Alberto Núñez Feixoo, agora semella que o portavoz municipal prefire fotografarse co líder ultraespañolista Santiago Abascal.  

O voceiro de Vox pasou as ferias na Galiza. Así o difundiu nas súas redes sociais. De feito, a pasada segunda Abascal atopábase en Oia cando unha muller o recoñeceu e ao momento, a veciñanza uniuse para denunciar e rexeitar a presenza do líder ultradereitista. Abascal tivo que abandonar o restaurante entre apupos. Porén, líderes do Partido Popular agradecen a súa visita e deciden inmortalizar o seu encontro a través dos selfies.

Comentarios