Que se xoga o pobo galego nas vindeiras eleccións do 28A?
O pobo galego xógase se pintamos algo no Estado, tendo identidade propia, e se nos enganchamos ao progreso ou se seguimos aumentando a lacra da despoboación.
Queremos atender as deficiencias que aínda temos no ámbito económico, no social e no empresarial
Queremos confiar en rematar a tempo aS infraestruturas básicas, así como atender as deficiencias que aínda temos no ámbito económico, no social e no empresarial.
Que lectura fai da lexislatura anterior a respecto de Galiza?
A lexislatura anterior foi a da inutilidade e submisión....sen ninguén que defendese a Galiza. Para os partidos estatais e parlamentarios "delegados galegos" non existiu Galiza.
Cales serían para vostede as tres principais problemáticas que afectan a Galiza?
A non finalización das infraestruturas vertebrais, que non exista unha forza galega sen dependencias inútiles de partidos con sede en Madrid, e que Galiza non conte nas grandes decisións de Estado.
Non temos peso nos sectores estratéxicos económicos
Non temos peso nos sectores estratéxicos económicos como son a pesca, o sector agroalimentario ou o monte. A industria galega non conta para xogar en igualdade de condicións no mundo empresarial, ademais de "regalar Abanca" ao sector financieiro galego.
Que deputada ou deputado sería referente para o seu labor no Congreso?
Gustaríanos alcanzar para Galiza o que conseguen para Euskadi os deputados do PNV, socios de CXG, e salientaría a Aitor Esteban.
Cal será a primeira iniciativa que defenderá no Congreso?
A primeira iniciativa debería saldar a débeda histórica con Galiza cun plan marco que afecte o remate de transferencias pendentes, que remate infraestruturas e que inclúa medidas concretas para os sectores económicos e sociais, poñendo a Galiza enriba da mesa, en igualdade coas nacionalidades históricas.
A primeira iniciativa debería saldar a débeda histórica con Galiza cun plan marco que afecte o remate de transferencias pendentes
Como ve as opcións de Compromiso por Galicia na cita electoral?
Esta cita electoral é moi importante para CxG. Sabemos que estamos no bo camiño e o feito de presentarmos candidaturas ao Congreso e Senado nas catro provincias vainos pór no mapa político onde se xoga o futuro.
Nese senso, imos traballar con moita ilusión e converter pronto CxG na voz libre da maioría das galegas e galegos no Parlamento.