Leiceaga proclama que o PSdeG xa exercía de facto "o liderado da oposición"

Non é que o PSdeG vaia liderar a oposición agora que, de rebote, se vai facer coa condición de segunda forza da cámara: é que a leva liderando "de facto" durante toda a lexislatura, dixo esta segunda feira o portavoz socialista no Hórreo, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Fernández Leiceaga 240619
photo_camera Leiceaga, esta segunda feira 24X [Foto: PSdeG]

Leiceaga saca peito após a escisión de En Marea. "Ninguén pon en dúbida que a próxima Xunta de Galiza vai pivotar sobre o PSdeG", dixo esta segunda feira, após pór o acento en que Feixoo non debe ver nada claro o panorama político cando aínda non ten dito con "claridade" que vai ser candidato en 2020.

Enfatizou Leiceaga que a formación socialdemócrata, en troca, si que ten xa designado candidato, o seu secretario xeral na Galiza, Gonzalo Caballero, quen aterrará no Hórreo xa no comezo do próximo período de sesións, en setembro.

A incorporación de Caballero á vida parlamentar reforzará a "alternativa" socialista fronte a un goberno, o de Feixoo, que na opinión de Leiceaga deu por rematada a lexislatura ao abrir o período preelectoral a pasada semana cun uso partidista do consello da xunta.

Comentarios