Leiceaga di que o debate sobre a autodeterminación non está na mesa

O candidato dos socialistas galegos considera que é unha estratexia do PPdeG situar o dereito a decidir como "gran tema de discusión" para “montar leas onde non os hai”.

Mitin en Pontevedra (PSdeG)
photo_camera Mitin en Pontevedra (PSdeG)

O PSdeG chamou este sábado a mobilizarse para derrotar o PPdeG, no que o seu candidato á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, ve “nerviosismo porque non lles saen as contas”. Leiceaga criticou que o PP estea agora “rebuscando para “montar leas onde non os hai”, en relación aos comentarios dos populares sobre posibles acordos co resto de forzas sobre o dereito de autodeterminación en Galiza. Unha cuestión que rexeitou Leiceaga, que asegurou que o debate sobre a independencia non está sobre a mesa. 

O aspirante á Presidencia considerou que “a dereita” trata de facer “desaparecer da campaña” ao PSdeG porque –segundo afirmou en declaracións recollidas por Europa Press– “non poden controlar o voto da xente que quere cambio”. 

Chamou a ignorar as enquisas que “queren convencer” ao electorado de que “todo está pechado”.

Leiceaga tamén chamou a ignorar as enquisas que “queren convencer” ao electorado de que “todo está pechado”. Nese sentido, recordou as sondaxes que prognosticaban un sorpasso de Podemos ao PSOE nas eleccións estatais que, finalmente, non se produciu.

“Se nos mobilizamos, ganamos”, dixo o candidato socialista, que pediu que o próximo 25 de setembro “ningunha persoas progresista quede na casa”, durante un xantar-mitin en Pontevedra.

Comentarios