Leiceaga desbótase como candidato do PSdeG en Compostela

"Estou moi centrado no Parlamento galego", di o portavoz do grupo parlamentar do PSdeG e, desde o último congreso do partido, presidente da formación na Galiza.

Leiceaga fixo un repaso da situación do emprego en Galiza. Foto: Irene Pin
photo_camera Leiceaga, nunha conferencia de imprensa. Foto: Irene Pin

Candidato á presidencia da Xunta en setembro de 2016 -competiu con Feijóo, Villares e Ana Pontón- apresentou a súa candidatura á lideranza do partido no úlitmo congreso, mais acabou por a retirar após chegar a un acordo con Gonzalo Caballero, quen se imporía finalmente a Juan Díaz Villoslada. Do congreso saíu Leiceaga investido como presidente da formación e coa portavocía do Parlamento garantida no curto e meio prazo sendo que Caballero -no que ten todo o aspecto de facer parte do pacto- resolveu polo momento non dar o salto ao Pazo do Hórreo.

Agora Leiceaga sae ao paso dos rumores para desmentir que teña intención de concorrer como candidato ás eleccións municipais en Compostela, cidade en que xa foi concelleiro entre os anos 2003 e 2005.

"Estou moi centrado no Parlamento", dixo Leiceaga no curso dun almorzo informativo realizado esta sexta feira no Pazo do Hórreo. Alegou a ese respeito que ao seu compromiso co grupo parlamentar aínda lle restan por diante "dous anos", os que fican de lexislatura.

Comentarios