A Lei Orgánica de sucesión deixa a Juan Carlos de Borbón sen blindaxe xudicial

O Borbón perderá a inviolabilidade que até agota ostentaba como monarca. PP, PSOE e UPN anunciaron apoio a lei de sucesión.

Borbón

Juan Carlos de Borbón deixará de ter a inviolabilidade que posúe como Rei do Estado español tan pronto como asine a Lei Orgánica de abdicación para dar paso o reinado do seu fillo, Felipe VI. Juan Carlos asinará esa lei o mesmo día en que esta sexa aprobada no Congreso. Con esa rúbrica este Borbón perderá a inviolabilidade xurídica (que tíña en canto rei). Abre iso a porta a demandas? En teoría si. Mais os partidos con representación no Congreso poderían aprobar un aforamento especial para o ex-rexente. Algo no que PP, PSOE e UpyD coincidirían.

Estes tres partidos xa coinciden en sinalar o seu apoio á lei sobre sucesión. Non están sós. Coalición Canaria ou UPN tamén se mostraron a favor. Máis cautos, CiU asegurou que esperará a coñecer polo miudo a lei. E O PNV avanzou que se absterá.

Así pois, a posición virá da esquerda soberanista (galega, vasca, catalá) e da española. Fontes do BNG informaron a Sermos Galiza de que o seu voto será negativo. Os grupos parlamentares van presentar emendas a esa Lei Orgánica, mais estas serán debatidas no pleno, non en comisión.

O trámite parlamentar para que Felipe Borbón colla o relevo do seu pai culminará o 18 de xuño, segundo cálculos do presidente do Parlamento español. Ese é o día en que Felipe VI vai ser coroado no Hemiciclo en sesión conxunta.

Comentarios