O lapsus de Felipe González e as “cousas” que se fixeron en Euskadi

Unha frase do ex-presidente español, “nunca tivemos peor resultado no País Vasco a pesar das cousas que fixemos”, percorre as redes sociais cunha conclusión maioritaria: referíase ao terrorismo de estado.

felipe

A entrevista a Felipe González na Cadena Ser co debate interno do PSOE como elemento central ficou desbordado nas redes sociais por un elemento inesperado e sorprendente. Un elemento introducido polo propio Felipe González cando, no transcurso da entrevista e nun estraño lapsus, afirmou: “Nunca tivemos peor resultado no País Vasco a pesar das cousas que fixemos.. ta-pa-tá. A frase axiña se estendeu polas redes sociais e a interpretación maioritaria foi que se estaba a referir aos GAL e a época de terrorismo de estado baixo os anos de gobernos socialistas contra ETA. 

 

Comentarios