Baixo o lema “Galiza com Catalunya. Solidariedade com o povo catalão”, un grupo de persoas do ámbito do soberanismo e do independentismo galego e cidadáns de Catalunya residentes ou vinculados con Galiza lanzan un manifesto de apoio ao proceso catalán. A iniciativa parte, segundo as persoas promotoras, da iniciativa “Vamos Junt@s”, que viu a luz en xuño para impulsar unha movilización unitaria polo Día da Patria.
O manifesto, asinado por Xavier Coma, Susana Montesinos, Antón F. Escuredo, Igor Lugris, Sechu Sende e Teresa Moure, persoas que se declaran defensoras do Dereito de Autodeterminación dos pobos e da lexitimidade do pobo catalán para decidir libremente o seu futuro, apela ao conxunto do pobo galego a apoiar públicamente o proceso soberanista catalán.