José Blanco renunciará como deputado de se abrir xuízo oral contra el polo caso Campión

O Fiscal pediu ao Tribunal Supremo que tramitase a petición ao Congreso para xulgar o ex ministro de Fomento. A Fiscalía ve indicios de prevaricación e tráfico de influencias, imputacións que o socialista nega. E afirma que renunciará como deputado de se abrir xuízo oral contra el polo caso Campión
José Blanco
photo_camera José Blanco

O ex ministro de Fomento e deputado socialista José Blanco compareceu perante a imprensa a raíz da noticia de que a Fiscalía solicitaba ao Tribunal Supremo que tramitase a petición ao Congreso para o xulgar. O fiscal considera que hai indicios de prevaricación e tráfico de influencias relacionadas co Caso Campón.

José Blanco afirmou que "se o xuíz decide dictar un auto de apertura de xuizo oral, farei todo o que debo facer, o que creo que se debe facer. Presentarei a miña renuncia como deputado". Blanco notificou esta decisión á dirección do PSOE.

Porén, o lucense precisou que aínda non hai un auto que sinale a conclusión da instrución e que "continúa a haber unha serie de recursos que formulamos e que están pendentes de resolución", engadindo que "o lóxico é que se resolvan".

 Inocencia

José Blanco está imputado no Caso Campión. Na súa comparecencia insistiu na súa inocencia e reiterou que "nunca recibín cartos do señor Dorribo e nunca realicei xestión algunha a prol deste señor".

Xa no que atinxe ao escrito da Fiscalía, o ex ministro apunta a que as acusacións de posíbel tráfico de influencias baséanse en "transcricións de chamadas telefónicas que, segundo certificou a secretaria xudicial, fixéronse sen autorización xudicial"

Comentarios