José Blanco non irá na candidatura do PSOE ás eleccións europeas do vindeiro 26 de maio. O eurodeputado desde 2014 e ex-ministro socialista con Zapatero fica así fóra da candidatura e todo aponta a un punto e final da traxectoria política do de Palas de Rei. No seu lugar, Pedro Sánchez opta polo tenente alcalde de lalín, Nicolás González Casares. O lalinense é do sector galego que apoiou, desde primeira hora, a Pedro Sánchez. Irá de noveno na lista a Bruxelas (Blanco fora de dez).
Finaliza una etapa de mi vida y comienza otra.Echo la vista atrás y solo siento gratitud, hacia los ciudadanos que me han apoyado durante tanto tiempo y hacia el @PSOE y sus militantes.Infinita y eterna gratitud.Jbl @PSdeG @Socialistas_PE
— José Blanco / ❤️ (@pepeblancoEP) 17 de marzo de 2019
Sete dos catorce eurodeputados que ten o PSOE non repetirán. Non só Pepe Blanco, tampouco nomes como o de Ramón Jáuregi ou Elena Valenciano estarán na candidatura socialista. No caso de Blanco e Valenciano que non recunquen non é pola súa vontade senón por unha decisión da dirección socialista.