José Blanco bota a culpa de Angrois aos demais porque “a técnica non era cousa do ministro”

O representante galego na candidatura do PSOE aposta por fuxir das imputacións a ADIF na traxedia de Angrois, onde morreron 79 persoas por eivas na seguridade, e presume de que “Rubalcaba virá dúas veces a Galiza”.

photo_camera Blanco.

O candidato galego, que aparecerá na zona media da táboa da listaxe do PSOE, José Blanco, rexeitou en declaracións a Europa Press que teña nada que ver co ministerio que dirixía, unha vez que @s que el mandaba foron imputad@s pola traxedia do Alvia, que matou a 89 persoas porque se recortaron as medidas de seguridade que si había, por exemplo, nas cercanías de Madrid.

 

“A miña única decisión en relación coa alta velocidade ferroviaria en Galicia foi priorizar o investimento, estimular e impulsar o seu desenvolvemento”, dixo, botando balóns fóra. “Todo o que tivo que ver coa posta en servizo do tren que foi obxecto de accidente ou con cuestións técnicas, é indubidábel que o ministro non tivo ningunha responsabilidade", declarou Blanco cando agora xa se sabe que o estado español vai ter que ir a xuízo pola catástrofe dese tren.

 

O que foi número 2 do PSOE durante anos tamén sinalou que “o rumbo de Europa non se troca con voces illadas”, nunha clara defensa do bipartidismo que tamén se constata cando PP e PSOE rexeitan as peticións do BNG a constituír unha comisión parlamentar que defina responsabilidades políticas sobre a traxedia do 24 de xullo en Compostela. Alias, defende o goberno de Zapatero e dixo que “apoiou dereitos sociais”. Tamén presumiu de que Galiza é importante para a súa formación en canto a que “Rubalcaba dará dous mitins aquí”.

Comentarios