Jorquera valora "positivamente" a mobilización do 3M por activar a sociedade fronte a "corrupción sistémica"

O voceiro parlamentar do Bloque asegurou que é precisa "unha rexeneración democrática urxente" fronte aos numerosos casos de corrupción
photo_camera Nas escaleiras de Platerías [SG]

O nacionalista matizou que os escándalos de corrupción coñecidos nos últimos tempos van para alén "de casos persoais" e denunciou unha "corrupción sistémica" que subordina as formacións políticas "a determinados intereses económicos" que procuran, dixo, "patrocinios e mecenazgos políticos".

O voceiro parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, valorou moi positivamente a manifestación desenvolvida este domingo polas rúas de Compostela en que participaron, amais do Bloque, numerosas formacións sociais, políticas e sindicais baixo o lema Abonda xa!

Segundo Joquera, a marcha --que congregou a máis dun milleiro de persoas na capital de Galiza-- foi "moi positiva" e deu mostra da activación de "diversos sectores da cidadanía" para denunciar os escándalos de corrupción. Neste senso, o nacionalista demandou "unha rexeneración democrática urxente". 

Comentarios