Jorquera: “Estamos ante o maior atentado contra os dereitos das maiorías”


O Bloque Nacionalista Galego, Amaiur, Esquerra e Izquierda Plural deixaron os seus asentos baleiros no Congreso durante a votación dos recortes aprobados polo PP en sinal de protesta.
photo_camera Deputad@s do BNG, Amaiur, Esquerra e Izquierda Plural

@s deputad@s das forzas políticas, amosaron o seu rexeitamento ás medidas do goberno español ausentándose da votación das mesmas. Francisco Jorquera, sinalou na súa quenda de intervención que “as medidas son extremadamente inxustas e agravarán a crise”.
Xunto coas demáis deputadas e deputados que decidiron abandonar o hemiciclo, Jorquera, fixo fincapé nas consecuencias que carrexarán os recortes aprobados; o deputado nacionalista, censurou a suba do IVE porque “cos 5,6 millóns de parados, con millóns de persoas que miran con envexa aos mileuristas, vostedes equiparan o IVE ao dos países con salarios máis altos”. Así mesmo, acusou ao goberno de Rajoy de non “mover un dedo “para combater a fraude fiscal “, unha medida que permitiría ao goberno español ingresar nas arcas públicas unha cantidade superior á do propio recorte.

O candidato nacionalista á Xunta de Galiza e deputado no Congreso polo BNG, aseverou ao Partido Popular, empregar a crise económica como escusa para impoñeren un modelo que “que acentuará o reparto inxusto da riqueza”. Así mesmo, reprochou ao goberno ter aplaudido os recortes, unha imaxe que para Jorquera, nos retrotrae a “tempos pasados cando a mesma bancada aplausaba a participación española nunha guerra”.

O deputado nacionalista, rematou a súa intervención exixindo ao goberno español a celebración dun referendo ou a disolución das Cortes e convocar eleccións, “teñan a valentía de devolver a democracia aos seus lexítimos donos”.

“Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”

Baixo este lema, a Confederación Intersindical Galega e as delegación na Galiza das centrais sindicais españolas CC.OO e UGT, convocan para esta quinta mobilizacións nas principais cidades e vilas do País. As organizacións mandan un chamado á cidadanía para que se mobilice masivamente como resposta aos recortes aprobados pois "están dirixidos a recortar, unha vez máis, dereitos e precarizar as condicións de vida e de traballo da maioría social". 

Comentarios