Jorquera, após a RG prescindir del como tertuliano: "A min xa me aplicaron o 155"

Non corren bos tempos para o pluralismo informativo nos meios de titularidade pública galegos. No mesmo día en que o ABC publicaba un artigo do xefe de redacción da RG ofensivo para as entidades convocantes da multitudinaria marcha do domingo en Compostela, Francisco Jorquera revelaba a súa "exclusión" das tertulias da Radio Galega.

Francisco Jorquera comparecendo no Parlamento de Galiza. Foto: Irene Pin
photo_camera Francisco Jorquera, nas rúas da Coruña

Francisco Jorquera achegaba o ponto de vista nacionalista ás tertulias da Radio Galega. Oferecía unha visión das cousas desde o soberanismo e tamén a súa rica experiencia política: ex senador e ex portavoz do BNG no Congreso dos Deputados e no Parlamento galego, ben como candidato do Bloque á presidencia da Xunta nas eleccións de outubro de 2012.

Un currículo insuficiente a ollos dos responsábeis da grella da RG para continuar nas tertulias da radio pública.

A RG tería prescindido de Jorquera sen a menor explicación, segundo di el propio nun chío en que bota man da ironía para se referir a como entende o PP o respeito ao pluralismo que en teoría debe rexer o funcionamento dos meios públicos.

 

Comentarios