En Compostela do 16 ao 19 de outubro

As 'Jornadas Libertárias' da CNT tamén reflexionan sobre 1917

As Jornadas Libertárias que a CNT convoca en Santiago de Compostela desde hai 25 anos tamén se debruzarán este ano sobre o acontecemento que definiu o século XX: a Revolución Rusa. Será a vindeira terza feira, 17 de outubro, da man do profesor Carlos Taibo. Mais o ciclo de palestras, titulado Aquecendo o outono, contará con outras tres intervencións.

Carlos Taibo
photo_camera O profesor Carlos Taibo. Foto: cedida.

A escritora Patricia Janeiro falará, a segunda feira 16, de que "a hostelaría mata". Diso trata xustamente a súa última obra, Manual básico de hostalaría (2017), unha implacábel nouvelle sobre a explotación laboral con trazos policíacos e, ao tempo, decorado de comedia bufa. Dalgunha maneira, a seguinte conferencia, de X. Silveira, está relacionada: Mercantilização turística do rural. Será a cuarta feira 18 de outubro.

Iria Presas fechará as xornadas a quinta feira, día 19. Exporá os vínculos do poeta Manuel Antonio co anarcosindicalismo. Todas as charlas serán ás sete da tarde na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.   

Comentarios