Jesús Vázquez di do protesto de estudantes na USC que foi un "acto fascista"

O conselleiro de Educación pronunciouse nestes termos á saída do CPI Lamas de Abade (Angrois). 

estudantes matematicas

Jesús Vázquez calificou como "acto fascista" o protesto que na xornada de onte (23 de outubro) impediu ao presidente da Xunta de Galiza participar nunha conferencia na USC. 

Ducias de estudantes, que portaban cartaces co lema 'Fóra Feijóo da USC', apuparon o líder do executivo galego ás portas da Facultade de Matemáticas e tamén no interior do salón de actos no que ía decorrer a intervención do presidente. Porén, finalmente foi imposíbel e o gabinete de Feijóo optou por marchar. 

Jesús Vázquez pediu "unha condena" do acto por parte da "sociedade" e os "partidos políticos"

Desde a Consellaría de Educación, o seu responsábel, Jesús Vázquez --que tamén se atopaba no campus onte-- asegurou que se tratou dun "acto fascista" e que "merece unha condena non só do goberno senón de toda a sociedade e partidos políticos". 

O estudantado denunciaba coa súa acción os recortes e a xestión de goberno de Alberto Núñez Feijóo non só en materia educativa senón tamén xuvenil. Porén, para Vázquez "a universidade" ten a obriga de "impedir" actos coma o decorrido en Matemáticas pois, sinalou, "pouco ten a ver coa propia universidade". 

Comentarios