O Jemad pide ao Goberno español ser cesado pola polémica vacinación

Horas antes foi cesado o tenente coronel da Garda Civil que, integrado no Estado Maior da Defensa, fora inoculado contra a Covid-19 canda outros altos mandos militares.

EuropaPress_3485280_jefe_estado_mayor_defensa_miguel_angel_villarroya_ministra_defensa
photo_camera O Xefe do Estado Maior da Defensa, o xeneral Miguel Ángel Villarroya, á dereita da ministra Robles (Marta Fernández / Europa Press)

O Xefe do Estado Maior da Defensa (Jemad, nas siglas en español), o xeneral Miguel Ángel Villarroya, pediu este sábado, 23 de xaneiro, o seu cese á ministra española de Defensa, Margarita Robles, para "preservar a imaxe das Forzas Armadas".

O xeneral Villarroya deu este paso tras a polémica por recibir a vacina contra a Covid-19 canda a outros altos mandos militares do Estado Maior da Defensa.

Poucas horas antes, coñecíase que o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, cesara o tenente coronel da Garda Civil que, integrado no Estado Maior da Defensa, fora vacinado contra a Covid dentro desta vacinación altos mandos militares.

Fontes do Ministerio do Interior informaron de que tras ter coñecemento do feito foi cesado "con carácter inmediato". A decisión, segundo apuntan as mesmas fontes, produciuse tras "solicitar e analizar todos os informes pertinentes". Foi entón cando o ministro do Interior ordenou, xa na noite da sexta feira, 22 de xaneiro, o seu cesamento.

Reintegrado

Desde o ministerio recordan de que o posto do tenente coronel cesado é de libre designación. Isto quere dicir que o militar será reintegrado noutra unidade da Garda Civil con outro cometido.

A ministra española de Defensa, Margarita Robles, pediu ao Jemad que fixese un informe onde explicase o plan de vacinación das Forzas Armadas.

Neste sentido, a Garda Civil difundiu unha comunicación interna recordando que hai que respectar a quenda de vacunación fixada polo Ministerio de Sanidade e rexeitar calquera ofrecemento á marxe do circuíto de distribución oficial, mesmo se é "de boa fe ou en situacións de vacina sobrantes".

Comentarios