IU-Madrid prohibe á súa militancia “opinións contrarias” ás decisións da organización baixo ameaza de suspensión

Os novos estatutos de IU-Madrid prohiben expresamente criticar en público as decisións da formación, segundo informa El Diario.Es, sob amenaza de suspensión de militancia. Os estatutos madrileños, informa o xornal madrileño, virían incluír unha fórmula xa existente a nivel de IU federal.

eddy-sanchez-X-asamblea
photo_camera Eddy Sánchez, coordenador de IU-Madrid

Prohibición expresa á militancia de facer críticas en público ás decisións da organización. Segundo informa El Diario, nos novos estatutos de IU de Madrid cualifícase como “infracción grave” que un militante faga “unha manifestación pública, por calquera medio de difusión, de opinións, ideas e comentarios contrarias ás decisións, acordos e resolucións dos órganos de IU Madrid”.

Sempre según o sinalado por El Diario, a sanción prevista nos estatutos para este tipo de “conduta crítica é a suspensión como afiliado durante un período que pode ir desde un mes até un año. A reiteración na crítica pública implicaría unha infracción moi grave, castigada con suspensión de militancia de ata 2 anos ou incluso a expulsión”.

Izquierda Unida a nivel federal xa inclúe esta mesma fórmula nos seus estatutos desde hai anos, afirma El Diario. Estas normas aprobáronse durante a Conferencia de Organización e Estatutos de IU-Madrid e foron impugnadas polo 49% d@s delegad@s.

Comentarios